ANDANTE I

Péchanche a porta con cadeado e só soñas con saír abrindo buratos por onde sexa. As paredes abátense de vez como nun cubo de debuxos animados e, no medio dese prado sen horizontes, xa non sabes cara a onde ir, pois todo é transitable e nada é camiño.

Liquidación de existencias, Marcos Lorenzo. Colección Eidos, número 3, Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2005.