TECHNOCRACIA I

Dispositivo de seguridade

Dispositivo utilizado no espectáculo Technocracia de Cristina Balboa, Félix Fernández e Manuel Parra.
Festival Corpo(a)terra, Allariz, 28 de agosto de 2020.

“Bailar é un acto de resistencia”.

Technocracia parte da nosa atracción pola conexión humana que se establece en situacións de apoteose colectiva, procura crear contextos que faciliten experiencias de liberación, un acto de insistencia e resistencia en comunidade: a festa como lugar de comuñón, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional. Unha experiencia afectiva e sensorial que nos permita deixar de crear ficcións para deixarnos crear polos feitos, espazos efémeros onde comprometer o corpo.